O Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación levará representacións aos concellos de Ribadeo, Cervo, Foz e A Pontenova entre o 16 e o 18 de outubro

A Vicepresidencia da Deputación anuncia que fomenta a inclusión de teatro amador dentro das axendas culturais de Ribadeo, Cervo, Foz e A Pontenova durante esta fin de semana, do venres 16 ao domingo 18 de outubro.

O Grupo Humorístico Trípode representará a obra titulada Desequilibrados este venres, día 16 de outubro, ás 20 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo.

O grupo A Mariña ofrecerá A Historia dun Fidalgo para Sempre Lembrar este sábado, 17 de outubro, ás 19 horas no salón de plenos da Casa do Concello de Cervo.

A Caxiga, de As Nogais, escenificará A Herencia de Xoana este sábado ás 19 horas no salón de Actos da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte (Foz).

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra Dona Clara o domingo 18 de outubro ás 19 horas na Casa da Cultura de A Pontenova.

E o grupo O Torques, de Burela, porá en escena O Randiña vai ao médico o domingo ás 20 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo.