Grandas de Salime
12/03/2026
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 21 de Marzo, sábado, un percorrido polo municipio asturiano de Grandas de Salime. A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán e despois visitarán o Museo Etnográfico de Grandas de Salime.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 18 de marzo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.



