O Concello de Foz organiza unha nova edición do ciclo de charlas médicas. Serán os xoves 6, 13 e 20 de novembro

A concelleira de Sanidade en Foz, Kathy Navarro, presenta un novo ciclo de charlas sobre saúde. Serán os xoves días 6, 13 e 20 de novembro as 20:00 horas na Casa da Cultura do Concello de Foz.

Kathy Navarro anuncia que “a primeira charla será o xoves día 6 e impártea unha focega de Santa Cilla, Lorena Legaspi Rodríguez, neurologopeda no Hospital Ribera Polusa, e vennos falar de A logopedia no dano cerebral adquirido. Continúa Nélida Fernández Fernández, xeriatra no Hospital Público da Mariña, falando da Prevención de caídas: Unha ferramenta para manter a independencia o xoves 13. Finaliza o ciclo de charlas o día 20 co interesante tema Transtornos do sono, a cargo de Gonzalo Gutiérrez Vázquez, psiquiatra na Unidade de Saúde Mental de Burela”.

“Con estas charlas achegamos información dos temas de saúde máis actuais e ponse en valor o traballo dos profesionais que están a exercer na zona”, remata a concelleira de Sanidade en Foz.