O actor Serxio Pazos presenta en Alfoz o espectáculo "Afiando con humor". Será o 29 de maio.

O coñecido actor Serxio Pazos presenta en Alfoz o seu espectáculo Afiando con humor o día 29 de maio, sábado. Será ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.

O aforo é limitado e é necesario reservar as entradas previamente na Casa do Concello (rexistro) ou no teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o 24 ao 27 de maio.

Esta actividade cultural está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.