Santiago

Etiquetas:
24/08/2025

O Concello de Alfoz anuncia: “o domingo 28 de setembro sube ao autobús do Centro Dramático Galego e vive en Santiago o espectáculo A Serie Cløpen: humor, danza, clown e acrobacias imposibles que sorprenderán”.

A saída será ás 14:05 horas desde a Casa do Concello de Alfoz. A función desenvolverase ás 18:00 horas no Salón Teatro (Santiago de Compostela) e o regreso está previsto para as 20:15 horas.

As inscricións poden facerse ata o 25 de setembro no teléfono 982.558. 001 ou nas oficinas municipais de Alfoz.

As prazas son limitadas e o espectáculo é recomendado para todos os públicos.

Etiquetas:
14/05/2025

A asociación veciñal O Torques de Marzán (Foz) organiza unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para o día 24 de maio, sábado. A saída será ás 08:00 horas desde o Parque do Cristo.

O prezo para os socios do colectivo organizador é de 40 euros, mentres que as persoas que non pertencen á asociación O Torques deberán pagar 64 euros. O pago realizarase por adiantado. O último día para retirar o ticket é este vernes, 16 de maio, e as prazas son limitadas.

O prezo inclúe: viaxe ida e volta Foz-Santiago, visita con guía ao conxunto monumental da cidade e comida en restaurante do centro.

Etiquetas:
13/03/2025

O Concello de Foz e o Centro Dramático Galego únense para ofrecer a posibilidade de acudir o domingo 23 de marzo ao Salón Teatro, de Santiago, para ver de forma gratuíta a obra de teatro A burra, a mesa e o pau, que esta compañía (CDG) está estreando.

O Centro Dramático Galego pon a disposición 27 prazas nun autobús que sairá ás 14.45 horas do porto de Foz para ver ás 18.00 horas a función. O autobús sairá de novo ás 20.00 horas de volta a Foz. O Concello de Foz financiará o prezo da entrada dos asistentes (5 euros). “Estamos moi contentos de poder participar nesta actividade e ver unha nova creación do Centro Dramático Galego”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

As reservas poderanse facer ata o día 20 de marzo no teléfono 982.140.027 extensión 3, no mail...

leer más
Etiquetas:
12/03/2025

Dentro da programación do 8M en Ribadeo, o Concello organiza unha saída especial para asistir ao espectáculo A burra, a mesa e o pau, do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela. Será o domingo 23 de marzo e o autobús sairá de Ribadeo ás 14:00 horas. Hai 18 prazas e para participar hai que inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo e o prazo remata o día 20 de marzo.

O Concello de Ribadeo explica que “a viaxe está especialmente dirixida a mulleres, como parte das iniciativas do 8M para promover a participación cultural e a igualdade”.

Etiquetas:
01/10/2024

O Concello de Barreiros anuncia: “viaxamos a Compostela para ver Terceiro Acto, unha produción do Centro Dramático Galego, o domingo 6 de outubro, desde a Praza do Concello. Hai 25 prazas e para anotarte chama ao 982.124.002 ou escribe a administracion@concellodebarreiros.gal. A admisión será por rigorosa orde de apuntamento. A actividade ten un custo de 5€ por persoa que se recadará no propio día da viaxe”.

A saída desde Barreiros será ás 14:45 horas e a función en Santiago empezará ás 18:00 horas.

 

Etiquetas:
29/09/2024

O Concello de Alfoz anuncia que “o domingo 6 de outubro chega a Alfoz o autobús do teatro, sobes? É unha actividade dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que está a celebrar o seu 40° Aniversario.  Este autobús sairá da Casa do Concello de Alfoz ás 14:15 horas  e levaranos ata Santiago de Compostela para desfrutar da obra "Terceiro acto", unha produción do Centro Dramático Galego. Entón, sobes ao autobús do teatro?”.

A representación será ás 18:00 horas. A viaxe en autobús é gratuíta e o prezo da entrada ao teatro é de 5 euros.

As prazas limitadas e as inscricións pode facerse a través do teléfono 982.55.80.01 ou na Casa do Concello de Alfoz.

15/06/2024

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 22 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño de Inverno. O colectivo anima ademais a viaxar a Santiago a todas aquelas persoas da comarca que queiran pasar o vindeiro sábado na capital de Galicia. 

Camiñantes e Camiños realizará ese día a novena etapa do Camiño de Inverno, de nove quilómetros. A saída en autobús, desde as inmediacións do centro de saúde de San Cosme, está prevista para as 6:45 horas. 

O presidente da asociación Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “faremos eses nove quilómetros, entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”. 

... leer más
19/07/2023

A festa da parroquia de Sargadelos na honra de Santiago Apóstol arrincará o 24 de xullo cunha espetada moura ás 20:00 horas; seguida dunha gran verbena amenizada pola orquestra Trébol e a Disco Móbil Conxuro.

O día grande, o martes 25 de xullo, ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión. A continuación será a sesión vermú e o "tardeo" da man novamente de Disco Móbil Conxuro. Serviranse racións de churrasco e chourizo a mediodía.

A festa está organizada polo Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula. Os organizadores insisten en animarse a desfrutar destes festexos nunha contorna excepcional como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

08/06/2022

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 11 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés. 

A pasada fin de semana realizaron a penúltima, que foi a comprendida entre A Rúa e Sionlla de Arriba. O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa de 22 quilómetros e onde puidemos comprobar que cada vez estamos máis preparados fisicamente e coa ilusión de chegar a Santiago de Compostela”. 

O vindeiro sábado, 11 de xuño, rematará esta peregrinación a través do Camiño Inglés: “faremos a última etapa ata Santiago, que ten un percorrido de 8 quilómetros. E entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta...

leer más
16/05/2022

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou onte a terceira etapa do Camiño Inglés. 46 persoas percorreron o treito comprendido entre Pontedeume e Betanzos. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.

E engadiu que “participamos 46 peregrinos da Mariña, sobre todo de Barreiros, Ribadeo, Trabada e Foz. Nesta etapa recibimos a visita da xefa de área provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que é desa zona, concretamente de Cabanas, xa que grazas a ela...

leer más