
A asociación veciñal O Torques de Marzán (Foz) organiza unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para o día 24 de maio, sábado. A saída será ás 08:00 horas desde o Parque do Cristo.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 40 euros, mentres que as persoas que non pertencen á asociación O Torques deberán pagar 64 euros. O pago realizarase por adiantado. O último día para retirar o ticket é este vernes, 16 de maio, e as prazas son limitadas.
O prezo inclúe: viaxe ida e volta Foz-Santiago, visita con guía ao conxunto monumental da cidade e comida en restaurante do centro.