Escola de Música

06/07/2026

A Escola Municipal de Música de Burela ten aberto ata este venres, día 10 de xullo, o prazo de matrícula para os novos alumnos e alumnas que desexen incorporarse ao centro durante o curso 2026-2027. Ofrece formación musical para persoas a partir dos 4 anos, sen límite de idade, adaptándose ás diferentes etapas de aprendizaxe. A súa oferta abrangue dende a iniciación musical ata o perfeccionamento instrumental e a participación en agrupacións.

Os máis pequenos poden iniciarse a través das aulas de Música e Movemento, dirixidas ao alumnado de entre 4 e 7 anos. A partir dos 8 anos terán formación instrumental, poderán participar en agrupacións musicais, canto e linguaxe musical.

Entre os instrumentos que se imparten na Escola Municipal de Música de Burela atópanse violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta...

leer más
04/02/2026

A Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, ofrecerá audicións os días 6, 10, 11 e 12 de febreiro. Todas elas serán ás 20:00 horas.

Este venres, día 6, haberá audición de piano na Casa da Cultura. E as seguintes serán no Cenima: o martes 10, guitarra e vento metal; o mércores 11, percusión e violín; e o xoves 12, vento madeira.

11/06/2025

Este venres, día 13 de xuño, desde as 12:00 horas celebrarase en Mondoñedo o Día Europeo da Música.

É unha actividade organiza pola Escola Municipal de Música O Pallarego, que anuncia: “este venres celebraremos, coa participación do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, o Día Europeo da Música. Únete a esta celebración na Praza da Catedral e a continuación na Praza do Concello”.

10/06/2025

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 14 de xuño, ás 11:30 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Fin de Curso. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno o que participe e xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.

Hugo García, o responsable da EMMeD, subliñou que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións,…”.

A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, manifestou que “o fin de curso é sempre unha festa importante e este ano máis. O alumnado amosa ás familias e ao...

leer más
09/06/2025

A Escola Municipal de Música de Foz ofrecerá catro audicións esta semana, concretamente os días 10, 11, 12 e 13 de xuño. Todas serán ás 20:00 horas.

Este martes haberá unha audición de vento metal e guitarra no Cenima; o mércores será de piano na Casa da Cultura; o xoves, percusión e clarinete no Cenima; e o venres, vento madeira e violín, tamén no Cenima.

 

04/06/2025

A escola de  música da asociación cultural Ao compás do río Ouro celebrará  unha festa de fin de curso este venres, día 6 de xuño, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro.

“Temos o pracer de invitarvos a todos a vir á festa de fin de curso 2025 da nosa escola. Poderedes ver actuar a todo o noso alumnado. Animádevos a vir que estamos seguras de que o ides pasar xenial”, anuncia a asociación cultural Ao compás do río Ouro.

08/04/2025

A Escola Municipal de Música da Pontenova ofrece unha audición concerto este venres, día 11 de abril. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

É unha actividade organizada polo Concello da Pontenova.

22/12/2024

A Escola Municipal de Música de Xove organiza un Concerto de Nadal para o 26 de decembro, xoves.

Será ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico.

 

20/12/2024

A Escola Municipal de Música de Foz celebrará o seu Festival de Nadal este domingo, día 22 de decembro. Será ás 12:00 horas na Sala Bahía.

Este evento contará coas actuacións de grupos de música e movemento, aula coral, prebanda e orquestra de jazz.

18/12/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un concerto de Nadal este xoves, día 19 de decembro, no auditorio Pascual Veiga. Será ás 20:30 horas.