Santiago
A asociación Mariña Patrimonio organiza unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para o próximo 29 de febreiro (sábado). A xornada comezará pola mañá cunha visita, na Cidade da Cultura, á exposición "Galicia, un relato no mundo". Esta visita será guiada polo comisario de dita exposición, Manuel Gago, quen tamén fará de guía nas visitas que terán lugar pola tarde ao castelo da Rocha Forte e mais ao petróglifo de Conxo.
As persoas interesadas en participar nesta actividade teñen de prazo para anotarse atA o día 20 de febreiro. Así mesmo, poderán atopar toda a información necesaria no blog de Mariña Patrimonio.
O Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, da inicio a unha campaña para a súa promoción e posicionamentocomo fin de etapa do Camiño Norte de Santiago entre 346 asociacións do Camiño de distintos países do mundo.
Esta iniciativa do Goberno local permitirá achegar información sobre os puntos de interese e os recursos dispoñibles para os peregrinos a través de correos electrónicos a todas as asociacións do Camiño de países coma Portugal, Francia, Italia, República Checa, Austria, Polonia, Lituania ou aos Estados Unidos que se recollen no directorio do Plan Xacobeo:http://www.caminodesantiago.gal/es/descubre/asociaciones-del-camino/dire....
A rexedora local, Elena Candia, indica que “a campaña...
leer másMañá, domingo, da comezo en Barreiros unha peregrinación a Santiago por etapas a través do Camiño Francés.
A saída en autobús será ás 7:30 horas desde a praza do Concello para chegar ao Cebreiro e desde alí facer a pé o treito ata Triacastela, uns 18 quilómetros. Esta peregrinación está organizada polas Concellerías de Cultura, Medio Ambiente e Turismo e pola OMIX de Barreiros.
Esta nova peregrinación realizarase en nove etapas. A primeira será a única que se faga en domingo, as outras oito serán en sábado, segundo anuncia o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.
As persoas interesadas en participar poden obter máis información no teléfono 618 75 25 60. O prezo que pagarán en total será de 55 euros.
O evento foi presentado nas últimas horas...
leer más