Mariña Patrimonio organiza unha viaxe cultural a Santiago o 29 de febreiro. Será para visitar a exposición "Galicia, un relato no mundo", entre outras cousas.

A asociación Mariña Patrimonio organiza unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para o próximo 29 de febreiro (sábado). A xornada comezará pola mañá cunha visita, na Cidade da Cultura, á exposición "Galicia, un relato no mundo". Esta visita será guiada polo comisario de dita exposición, Manuel Gago, quen tamén fará de guía nas visitas que terán lugar pola tarde ao castelo da Rocha Forte e mais ao petróglifo de Conxo.

As persoas interesadas en participar nesta actividade teñen de prazo para anotarse atA o día 20 de febreiro. Así mesmo, poderán atopar toda a información necesaria no blog de Mariña Patrimonio.