
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, ofrece clases de batucada a partir de outubro. Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 25 de setembro.
A organización explica que esta actividade é para todas as idades e non é necesaria experiencia previa. Tamén anuncian que as persoas interesadas poderán participar nun día gratuíto de proba o sábado 4 de outubro pola mañá.
Para inscribirse e máis información o teléfono de contacto é o 626.098.702.