Tuna
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo inclúe unha nova actividade dentro da súa campaña de San Valentín para animar á veciñanza da zona a celebrar o Día dos Namorados na vila ribadense. Trátase dunha actuación da tuna de veteranos de Compostela (a Tuna do Camiño de Santiago), que percorrerá as rúas de Ribadeo onde hai establecementos hostaleiros asociados a ACISA este venres, 10 de febreiro, de 20:30 a 22:30 horas.
Para esta actividade ACISA Ribadeo conta coa colaboración da Xunta de Galicia. O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, comentou que “o que pretendemos é animar á veciñanza de Ribadeo e de toda a contorna a achegarse á nosa vila a celebrar o San Valentín, unha data que neste 2023 cae entre semana, de aí que pensaramos na posibilidade de poñer unha nota musical na...
leer más