O cantante canario Tutto Durán actuará en Mondoñedo o 18 de outubro

O cantante canario Tutto Durán actuará en Mondoñedo o día 18 de outubro, sábado, ás 20:00 horas no auditorio Pascual Veiga, dentro do programa das festas de As San Lucas.

A organización dos festexos anuncia: “As San Lucas nacen en Galicia... pero xa son do mundo. Este ano a música, a festa e a tradición mestúranse para ofrecer unha programación que non entende de fronteiras nin de idades: grupos folclóricos, sesións vermús, verbenas coas mellores orquestras, monólogo, espectáculos para cativ@s, títeres, maxia, … E comezamos presentando unha das actuacións musicais: Tutto Durán, dende Canarias, chega a Mondoñedo para facer vibrar o Auditorio Pascual Veiga. Un concerto para quen vive a feira tamén de noite, para quen entende que celebrar é compartir”.

As entradas para o concerto de Tutto Durán en Mondoñedo están xa dispoñibles en: woutick.com/es/entradas/tutto-duran.