Sarria

20/04/2026

A Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros percorre neste ano 2026 o Camiño Francés en 8 etapas. A seguinte será o día 1 de maio polo tramo de Triacastela a Sarria. As persoas interesadas en asistir xa poden inscribirse chamando ou enviando un whatsapp ao 623.22.68.25.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou: “o pasado sábado gozamos dun día espléndido para realizar a primeira etapa da nosa peregrinación a Compostela deste ano. Foron 22 quilómetros os que percorremos entre Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Despois dun ano 30 peregrinos de Barreiros volvemos reencontrarnos para realizar unha etapa por camiños de terra, rodeados dunhas paisaxes frondosas e de pequenas capelas de pedra moi ben coidadas”.

12/01/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta das Aceas, no municipio lucense de Sarria, este domingo, día 18 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 15 de xaneiro.

11/10/2024

A asociación Mariña Patrimonio está a organizar unha visita a Sarria para o domingo 20 de outubro, aproveitando que é día de feira. Pola mañá, visitarán diversos lugares dentro da propia vila de Sarria, acompañados por Xaime Félix López Arias (Arlindo), gran coñecedor da súa historia. A visita da mañá rematará no campo da feira, onde terán reservado un lugar para xantar. Neste caso especial cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar así como de pagar directamente aos do mesón. Pola tarde verán o mosteiro da Magdalena antes de regresar.

O bus sairá da Cruz do Lobo ás 8 horas e recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro, desde onde iremos ata Sarria. O prezo, que incluirá bus e actividade, será de 15 euros para socios/as de Mariña Patrimonio e de 25 euros para o resto de asistentes.

...

leer más