Pasada das Cabras
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Fonsagrada para este sábado, día 14 de decembro. É un percorrido de 11 quilómetros fácil e recoméndase levar bastón e calzado apropiado.
A saída será ás 8:00 horas da estación de autobuses de Burela e rematará a actividade “co clásico cocido, para recuperar forzas”.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 35 euros e as persoas non socias terán que pagar 45 euros. Inclúe autobús, comida e seguro.
As persoas interesadas en participar deben anotarse no grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos 666.60.98.75 ou 676.02.31.77 antes deste xoves, 12 de decembro.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta da Pedra e da Auga, en Cambados, o sábado 19 de outubro. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 07:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do 17 de outubro.