
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta dos Grobos, no municipio lucense de Becerreá, este domingo, día 15 de marzo. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 9 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 12 de marzo.


