A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta pola Fonsagrada este sábado, 13 de decembro

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta desde A Fonsagrada a San Pedro de Neiro este sábado, día 13 de decembro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 11 de decembro.