
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta das Aceas, no municipio lucense de Sarria, este domingo, día 18 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 15 de xaneiro.


