A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, percorrerá a etapa de Triacastela a Sarria do Camiño Francés o 1 de maio

A Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros percorre neste ano 2026 o Camiño Francés en 8 etapas. A seguinte será o día 1 de maio polo tramo de Triacastela a Sarria. As persoas interesadas en asistir xa poden inscribirse chamando ou enviando un whatsapp ao 623.22.68.25.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou: “o pasado sábado gozamos dun día espléndido para realizar a primeira etapa da nosa peregrinación a Compostela deste ano. Foron 22 quilómetros os que percorremos entre Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Despois dun ano 30 peregrinos de Barreiros volvemos reencontrarnos para realizar unha etapa por camiños de terra, rodeados dunhas paisaxes frondosas e de pequenas capelas de pedra moi ben coidadas”.