Cabarcos
Chega a segunda actuación no marco do programa cultural A Voltas cos Contos, organizado polo Concello de Barreiros. Este domingo, día 22 de xuño, ás 19:00 horas no local social de Cabarcos actuará Vero Rilo, que ofrecerá o seu espectáculo titulado Lavandeiras.
“Nesta ocasión será a quenda de Vero Rilo, quen nos fará pasar un anaco moi especial coa súa sesión de narración oral ao redor desde oficio tan noso, o das lavandeiras. Achégate para escoitar as lendas e os contos; historias que sucederon por toda a nosa xeografía sobre estas mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, teceron unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia”, anuncia o Concello de Barreiros.
O programa A Voltas cos Contos está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan...
leer másA comisión de festas da parroquia de Cabarcos, no concello de Barreiros, organiza churrascada e verbena para o día 20 de setembro, venres.
A churrascada, que é aberta a todo o público, empezará ás 21:30 horas. E despois terá lugar a verbena coa orquestra La Fórmula e a discoteca móbil Alejandro Martínez.
A organización anuncia que haberá mesas e cadeiras para a churrascada e que o recinto estará cuberto con carpa.