
Chega a segunda actuación no marco do programa cultural A Voltas cos Contos, organizado polo Concello de Barreiros. Este domingo, día 22 de xuño, ás 19:00 horas no local social de Cabarcos actuará Vero Rilo, que ofrecerá o seu espectáculo titulado Lavandeiras.
“Nesta ocasión será a quenda de Vero Rilo, quen nos fará pasar un anaco moi especial coa súa sesión de narración oral ao redor desde oficio tan noso, o das lavandeiras. Achégate para escoitar as lendas e os contos; historias que sucederon por toda a nosa xeografía sobre estas mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, teceron unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia”, anuncia o Concello de Barreiros.
O programa A Voltas cos Contos está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.