SICTED

01/06/2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) para este 2026, abrindo un novo período de adhesión dirixido ás empresas e servizos turísticos da comarca. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de xuño.

A adhesión ao SICTED na Mariña é totalmente gratuíta e contempla a realización de catro seminarios formativos e diversas visitas individualizadas para os establecementos participantes. As prazas estarán limitadas por sectores para garantir unha representación equilibrada dos servizos adheridos.

As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa adhesión deben contactar a través do correo electrónico ...

leer más