
A romaría de San Antonio da Rigueira, no concello de Xove, celebrarase os días 13 e 14 de xuño, venres e sábado. Foi presentada polo alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Turismo, Cecilia Duarte, e os directivos da comisión organizadora do evento José Antonio e Juan.
O Concello de Xove anuncia que para facer a romaría o venres 13 e recibir a ventura e o lirio branco ao chegar á igrexa as persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 11 ás 13:00 horas por teléfono a través do número 982.59.20.01 ou do e-mail lucia@xove.es. Para anotarse no xantar popular do venres pode facerse nos teléfonos 669.896.848 ou 669.302.211 ata o 10 de xuño.
As actividades comezarán o venres 13, día no que haberá misas ás 10:00, 11:30, 18:30 e 20.30 horas; ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión; a continuación haberá sesión vermú co grupo JB Son. Ás 15:00 horas empezará o xantar popular e ás 19:00 horas actuará un grupo tradicional galego do programa Tradigalu da Deputación de Lugo. E a verbena estará amenizada polo grupo JB Son e Conxuro Discomóvil.
O sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne e procesión; a continuación, sesión vermú coa orquestra Galaxia, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Zafiro.
A romaría está organizada pola Asociación de Festexos A Garaca, que anuncia que non se tirarán fogos de artificio por respecto ás persoas con algunha convalecencia e tamén aos animais.