loita
O Concello de Burela inaugurou na Casa da Cultura unha exposición que recolle máis dunha década de traballo da veciñanza arredor do Día Internacional contra a Discriminación Racial. A mostra forma parte da programación municipal vinculada ao 21 de marzo e permanecerá aberta ao público até o 10 de abril. A mostra poderá visitarse de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
A exposición reúne obras realizadas por persoas de distintas idades e procedencias, que participaron ao longo dos anos nos concursos organizados con motivo desta conmemoración. O percorrido estrutúrase de maneira cronolóxica dende 2014 ata 2025, con excepción do ano 2020, no que non se levou a cabo a actividade debido á pandemia.
Durante o acto inaugural, o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou o valor das achegas realizadas pola...
leer más



