Romaría
O vindeiro mércores, 13 de xuño, celébrase a Romaría de San Antonio da Rigueira, na parroquia do mesmo nome no Concello de Xove.
Esta romaría conta cada ano con centos de romeiros de toda a Mariña e da comarca de Ferrol. Entre outras moitas actividades, vai haber misas pola mañá e pola tarde.
As celebracións eucarísticas da mañá serán en horario de 10:00 horas, 11:30 e 13:00 horas. Esta última vai estar presidida polo bispo diocesano Luís Ángel de las Heras Berzal. As misas da tarde serán ás 18:30 e ás 20:30 horas.
O 13 de xuño celébrase a Romaría do San Antonio da Rigueira. A Delegación de Turismo, Investigación Social e Muller do Concello de Xove traballa dende hai nove anos na recuperación da antiga romaría, acadando un maior número de romeiras e romeiros en cada edición, ata o punto de dar xa por consolidada a súa recuperación.
Todas aquelas persoas que desexen participar nesta festa peregrinando ata a Igrexa da Rigueira, onde recibirán a Ventura –insignia de ter completado o camiño- e a Azucena –flor de San Antonio-, deben anotarse no Concello antes do 8 de xuño. As inscricións poden facerse no número de teléfono 982 592 001 ou no correo electrónico lucia@xove.es
Haberá oito rutas habilitadas ao longo de todo o concello, aínda que a maioría dos romeiros/as escollen saír xuntos de Xove...
leer másUn ano máis o Burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante dous días: o sábado 16 e o domingo17 de setembro.
Dous días de festa
Os actos comezarán o sábado, ás sete da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.00h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión e ao remate, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo da orquestra Magos.Xa pola noite, as orquestrasMagoseDúo E-pok serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.
O domingo a misa será ás 13.15h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúoE-Pok,...
leer másO 24 e o 25 de xullo celébrase a Romaría de Sargadelos, Festas na Honra de Santiago Apóstolo.
O luns, 24 de xullo, dende as 20:00 horas haberá pancetada e chourizada de balde, e a partir das 22:30 horas gran verbena a cargo do Grupo D´Líder e o Dúo D´Cine.
O martes, 25 de xullo, ás 13:15 horas celebrarase a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú prolongada a cargo do Dúo Eclipse.
Haberá servizo de comidas os dous días no recinto.
Este sábado, día 1 de xullo, celebrarase a romaría de Santo Estevo do Ermo con diversas actividades organizadas polo Concello de Barreiros, a través da Delegación de Medio Ambiente, coa colaboración da asociación Barreiros Mar e Monte. O evento foi presentado hoxe, martes, polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.
As actividades comezarán ás 11 da mañá co inicio dunha ruta a pé, que sairá dende a Casa do Concello, en San Cosme de Barreiros. Ás 13 horas na capela de Santo Estevo do Ermo celebrarase misa e procesión e despois haberá unha degustación de empanada de sardiñas. Ás 14 horas empezará a sesión vermú, que estará amenizada polo dúo Epo-K. A partir das catro da tarde haberá xogos infantís e torneo de tute, con trofeos e agasallos para os participantes. E desde as oito da tarde...
leer másO Concello de Foz organiza de novo este novo a campaña denominada Eu coido o Santo, iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar aos asistentes á romaría do Bispo Santo sobre a necesidade de deixar limpo o lugar onde se celebra este festexo.
“Reeditamos, despois do éxito do ano pasado, esta campaña que con motivo da celebración da romaría do Bispo Santo, do 12 ao 14 de maio, o Concello de Foz pon en marcha co obxectivo de sensibilizar aos asistentes a este festexo sobre a necesidade de deixar limpos os lugares onde acampen. Entre os participantes nesta iniciativa sortearase unha cea para un máximo de 20 persoas”, anunciaron dende o Concello focense.
Os participantes nesta iniciativa deberán colgar fotografías nas redes sociais nas que ten presenza o Concello de Foz (facebook, twitter e instagram) do antes e...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4