San Miguel

26/07/2024

O Iberia Club de Fútbol celebrará a terceira edición da Festa do Bolo Preñado o venres 9 de agosto a partir das 19.00 horas na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante (Barreiros). A velada estará amenizada pola música do grupo Pandeireteiros do Inferno e DJs.

A organización tamén anuncia que haberá “merchandising, sorteos e moitas sorpresas. E sobre todo con moitos bolos preñados de distintos sabores, con bebida e coa mellor das compañías para pasar unha súper velada e botar de paso unha man ao club do pobo”.

 

30/06/2024

Chega, outro ano máis, o Festival folclórico internacional do Emigrante, en San Miguel de Reinante. O evento, organizado polo Concello de Barreiros e a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, celebrarase o primeiro sábado de agosto, día 3, ás 21:30 horas.

Na súa cuadraxésima primeira edición contará coa participación de grupos de Arxentina e Kazajistán e coa agrupación O Arco da Vella.

A organización dá as grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia, a Abanca, ao Iberia CF e ao CEIP San Miguel de Reinante por colaborar con este evento.

Etiquetas:
19/06/2024

O Iberia Club de Fútbol homenaxeará ao futbolista Marcos, que se retira despois de xogar durante máis de 40 anos nese equipo. Será cun evento que se celebrará o día 30 de xuño, domingo, no Campo das Valgas, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas. Haberá partido de fútbol entre o Iberia FC e un combinado de ex xogadores do club e despois, ás 14:30 horas, xantar homenaxe.

“Temos o orgullo de anunciarvos o derradeiro evento da tempada. E este non podía ser outro que a merecida homenaxe ao noso gran capitán e a súa inigualable traxectoria. O título de One man one club quédase moi curto para o que representa Marcos Rodríguez Rañón para o noso club. Por iso non podíamos menos que, humildemente, tentar de facer unha despedida minimamente digna e á altura do que el leva dado no campo polo noso escudo. Así que agardámosvos a todos e todas...

leer más
Etiquetas:
23/10/2023

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta a obra teatral “O traballo de Andrea” nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante os días 27 e 31 de outubro e 1 de novembro.

“O traballo de Andrea” é unha obra orixinal de Ignasi García Barba, traducida e adaptada por Ramón Casas Oroza.

As representacións serán o venres 27 de outubro ás 22:00 horas, o martes 31 ás 20:30 e o mércores 1 de novembro ás 19:30 horas. O aforo é limitado e a entrada ten un prezo de 4 euros.

 

Etiquetas:
28/09/2023

A presentación das festas foi onte e contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e representantes da comisión de festas de San Miguel de Galdo.

Verbenas, actos relixiosos, degustación de carne de porco á brasa… e a oportunidade de pasar un bo rato con familiares e amigos.

O sábado haberá servizo de autobús gratuíto para a verbena desde a estación de autobuses. 

 

Etiquetas:
28/09/2023

Villapercide, no municipio de Trabada, celebra as festas na honra de San Miguel esta fin de semana, desde o venres 29 de setembro ata o domingo 1 de outubro. O recinto estará cuberto con carpa.

O venres empezarán os actos ás 12:00 horas con misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa disco móbil The Sound Project. Pola noite haberá verbena co grupo Los Coleguitas. De 20:30 a 00:00 horas Pulpería Mario, de Lugo, servirá churrasco, polbo e xamón cocido.

Para o sábado a programación inclúe misa solemne ás 13:30 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo Superstar e a disco móbil The Sound Project, que tamén estarán na verbena.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 12:00 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo de gaitas Illa Pancha e a disco móbil The Sound...

leer más
Etiquetas:
25/09/2019

San Miguel de Reinante celebra as súas festas desde este venres 27 ata o domingo 29.

O venres a partir das 20:00 horas haberá unha gran churrascada. O prezo por persoa é de 10 euros e instalaranse mesas e sillas para os asistentes. Actuará o cuarteto tradicional Xaramolos e o Dúo Élite.

O sábado 28 ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne e procesión. Despois terá lugar a sesión vermú coa orquestra Stereo, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Tango.

O domingo 29 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne e procesión. De seguido haberá sesión vermú  coa orquestra Trébol, que ademais amenizará a verbena co grupo Lume.

 

Etiquetas:
17/05/2017

Os segredos da turbeira da Arealonga é o título da charla programada para este sábado, 20 de maio, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante en Barreiros, ás 18:00 horas.

Esta charla corre a cargo de Aurora Grandal quen falará sobre a turbeira da praia de Arealonga así como dos restos óseos de fauna que foron aparecendo neste lugar nos últimos anos.

Aurora Grandal é profesora de Paleontoloxía do Instituto Isidro Parga Pondal da Universidade de A Coruña. 

Etiquetas:
13/09/2016
A peña barcelonista San Miguel inicia nova tempada con dúas actividades este mes: churrascada o día 18 e desprazamento a Xixón o 24 para animar ao Barcelona.
 
A Peña Barcelonista San Miguel, de San Miguel de Reinante, empeza unha nova temporada, na que agarda seguir organizando actividades de todo tipo.
 
Para este mes de setembro ten previstas dúas. O vindeiro domingo 18 de setembro celebrará a sua tradicional churrascada de comezo de temporada, na que logo de dar boa conta dunha comida, falarase das actividades e viaxes a facer durante a tempada 2016-2017.
 
Para o día 24 de setembro están organizando un desprazamento a Xixón, para animar ó Barça no estadio do Molinón, no partido que o enfrontará ó Sporting. A expedición peñística sairá de San Miguel de Reinante o mesmo sábado ás 10 da mañá, coa intención de...
leer más
03/09/2015
O 6 de setembro pecha as portas esta tempada o Eido Dourado, a carón da barreirense praia da Pasada. Este espazo recibiu durante o verán 2.000 visitas.
 
O próximo domingo, 6 de setembro, pecha as súas portas esta tempada o Eido Dourado, o espazo que o artista barreirense Celso Dourado xestiona fronte á praia da Pasada. Logo das visitas realizadas á exposición plástica e a asistencia de público aos Concertos ao Solpor programados durante os domingos do verán, Celso Dourado fai un balance moi positivo da tempada, tanto polo número crecente de persoas que se achegan a coñecer o proxecto como pola calidade das propostas. 
O Eido Dourado recibiu durante os verán a visita dunhas 2.000 persoas, cifra semellante á do ano 2014: “foi un verán realmente excepcional, moveuse unha cantidade de xente moi importante. As visitas seguen a tónica dos  últimos anos, cando máis hai é cando fai mal tempo. Neste verán por sorte tivemos moi bo...
leer más