San Miguel de Reinante, en Barreiros, é a sede da final do campionato provincial de campo a través este domingo, 15 de decembro

Este domingo, día 15 de decembro, Barreiros será o epicentro do deporte coa final do campionato provincial de campo a través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete, anuncia o Concello de Barreiros.

Este evento deportivo terá lugar no campo de fútbol de As Valgas, en San Miguel de Reinante, e dará comezo ás 11:00 horas.