Infantís

Etiquetas:
18/08/2025

A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, organiza unha semana de actividades infantís desde este luns, día 18 de agosto, ata o venres 22 deste mes na Praza do Souto.

Haberá actividades como Laser Tag, colchonetas inchables e festa da auga, entre outras. Todas serán a partir das 18:00 horas, agás o venres, que se levará a cabo ás 20:30 horas.

“Do 18 ao 22 de agosto a Praza do Souto encherase de diversión para os máis pequenos da casa”, anuncia Airiños do Xunco.

03/10/2024

O Concello da Pontenova organiza diversas actividades infantís este domingo, 6 de outubro, de 17:00 a 21:00 horas na Praza do Concello.

Haberá inchables para nenos e nenas maiores de 4 anos, tattoos con purpurina e pintacaras.

04/08/2024

O Concello de Trabada programou os días 15 e 16 de agosto, coincidindo coas súas festas patronais, dous espectáculos dirixidos a un público infantil e familiar.

O 15 de agosto ás 18:00 horas na praza do Concello a Maga Fani trae o espectáculo “Enredos, abraios e vocábulos do país”.

E o 16 de agosto ás 18:00 horas na praza do Concello terá lugar o espectáculo “Un día no circo”, de PistaCatro Productora de Soños.

“Son días de festa e xuntanzas familiares, por iso pensamos nestes dous espectáculos para os máis pequenos, que se unen á programación de cine e teatro que temos ao longo do ano para un público máis adulto”, afirmou o alcalde de Trabada, Rubén García.

18/07/2024

A programación infantil de verán do Concello de Mondoñedo inclúe diversas actividades que empezan o 19 de xullo e rematan o 16 de agosto.

Este venres, día 19, ás 20:30 horas na Praza do Concello haberá o espectáculo de contacontos “Planeta LGTBIQ”, ofrecido por Caxoto.

Para o 26 de xullo, tamén venres, ás 20:00 horas na Praza do Concello está programado un espectáculo de maxia con Dani Polo.

O 2 de agosto ás 20:30 horas na Praza da Catedral Caxoto ofrecerá “Conto para escoitar mentres bailamos un vals”.

O xoves 8 de agosto ás 20 horas na Praza da Catedral terá lugar o espectáculo titulado “Os Bolechas volven a Mondo”.

E o 16 de agosto, venres, ás 20:30 horas na Praza da Catedral haberá xogos, con Puzzle Animación.

... leer más
Etiquetas:
25/03/2024

O Concello de Cervo anuncia: “nesta Semana Santa temos actividades programadas para os máis pequenos da casa: inchables, xogos interactivos, portería de puntuación,...”

O luns, martes e mércores as actividades desenvólvense na Praza dos Campos, de San Ciprián, de 13:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (de 11:00 a 13:00 horas está reservado para Cervo Concilia). E xoves e venres serán na Praza do Souto, de Cervo, de 17:00 a 20:00 horas.

Etiquetas:
22/03/2024

O Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello de Burela organiza os talleres Manualidades e Xogos con Gaia os días 25, 26 e 27 deste mes.

Serán na praza da Mariña de 11:00 a 13:00, e a participación será gratuíta. En caso de choiva moveranse á praza de Abastos.

A concelleira de Cultura Medioambiental e Ecolóxica e responsable do centro Gaia, Lina Gómez Pardo, anima "a todos os nenos e nenas de Burela a participar nestes talleres para aprender de xeito divertido sobre o coidado do medio ambiente".

Etiquetas:
12/02/2024

O Concello de Cervo organiza obradoiros infantís (para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) os días 14, 16 e 19 de febreiro na Casa da Cultura de 17:00 a 18:30 horas.

O mércores 14 o obradoiro estará dedicado a manualidades de San Valentín, o venres 16 será sobre papiroflexia e o luns 19 o tema son os xogos populares.

As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.

 

02/10/2023

A Praza do Concello da Pontenova acollerá actividades infantís gratuítas o 8 de outubro, domingo, de 17:00 a 21:00 horas.

Esta actividade, organizada polo Concello da Pontenova, incluirá inchables para nenos e nenas maiores de 4 anos, tattoos con purpurina e pintacaras.

 

Etiquetas:
23/06/2023

Un ano máis os máis pequenos de Alfoz teñen o programa de actividades Ludiverán-Xogando en igualdade, que organiza o Concello. É desde o 3 de xullo ata o 25 de agosto de luns a venres laborables para nenos e nenas nados entre 2011 e 2020.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto ata o 27 de xuño na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica.

 

Etiquetas:
09/12/2022

Na Biblioteca Pública de Alfoz, durante as vacacións de Nadal, de 17:00 a 19: 00 horas poderase desfrutar dunha ampla programación de actividades para os máis pequenos: xogos e videoxogos, manualidades, coreografías, películas.

A partir do 19 de decembro ábrese o prazo de inscrición. As solicitudes entregaranse na Oficina de Rexistro do Concello, onde tamén estarán dispoñibles para cubrir polos interesados/as. Son de balde e hai prazas limitadas. 

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 982 558 001 (ext. 2 Arantxa).