
A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, organiza unha semana de actividades infantís desde este luns, día 18 de agosto, ata o venres 22 deste mes na Praza do Souto.
Haberá actividades como Laser Tag, colchonetas inchables e festa da auga, entre outras. Todas serán a partir das 18:00 horas, agás o venres, que se levará a cabo ás 20:30 horas.
“Do 18 ao 22 de agosto a Praza do Souto encherase de diversión para os máis pequenos da casa”, anuncia Airiños do Xunco.