San Cosme
San Cosme de Barreiros celebra as festas na honra ao seu patrón esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.
O Concello de Barreiros anuncia que este venres, 26 de setembro, con motivo da festividade local, as oficinas municipais permanecerán pechadas. E tamén explica que “durante a fin de semana celebraranse as festas patronais de San Cosme, nas cales actuará a Banda de Música de Ribadeo. Esta actuación enmarcase no programa Tradigalu, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. É un programa de difusión e promoción da música tradicional e popular da área de Cultura que financia as actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais, facilitando a presenza da nosa música en celebracións populares e eventos culturais por todo o territorio. Desde o Concello de Barreiros queremos desexarvos unha boa festividade...
leer másO domingo 12 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30 horas terá lugar a carreira de Reis, evento deportivo que está organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros. Colaboran: Protección Civil de Barreiros, A.D. Augas Santas, Colectivo Cultural Ollomao e A.D Praias de Comado. Todas as probas terán a saída nas inmediacións do centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 9 de xaneiro nas web www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com.
Este xoves, 26 de setembro, dan comezo as festas de San Cosme de Barreiros. Ás 13:30 horas, haberá misa solemne na igrexa de abaixo con posterior procesión. Despois terá lugar a sesión vermú co grupo La Bamba, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Estrellas.
O venres 27 ás 13:30 horas celebrarase unha misa solemne na igrexa de arriba. De seguido haberá sesión vermú co grupo Abanico que tamén estará na verbena xunto a Lecer.
Estes festexos están organizados por C.F. Celta Barreiros coa colaboración do Concello de Barreiros.