San Cosme de Barreiros celebra as festas do seu patrón do 26 ao 28 de setembro

San Cosme de Barreiros celebra as festas na honra ao seu patrón esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

O Concello de Barreiros anuncia que este venres, 26 de setembro, con motivo da festividade local, as oficinas municipais permanecerán pechadas. E tamén explica que “durante a fin de semana celebraranse as festas patronais de San Cosme, nas cales actuará a Banda de Música de Ribadeo. Esta actuación enmarcase no programa Tradigalu, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. É un programa de difusión e promoción da música tradicional e popular da área de Cultura que financia as actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais, facilitando a presenza da nosa música en celebracións populares e eventos culturais por todo o territorio. Desde o Concello de Barreiros queremos desexarvos unha boa festividade do San Cosme”.

O concerto da Banda de Música de Ribadeo será o venres 26 de setembro ás 20:00 horas na Praza do Concello. E despois, desde as 21:00 horas, haberá unha cea baile e a partir das 23:00 horas, verbena co grupo Fuxsión Latina.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa e a continuación haberá procesión e sesión vermú cos grupos Fussión e Galicia.

E o domingo rematarán os festexos cunha sesión vermú larga amenizada polo dúo Matices.