A Piscina Municipal de Viveiro pon en marcha novas actividades e ofrece sesións de proba gratuítas do 27 ao 30 de abril

A Piscina Municipal de Viveiro pon en marcha novas actividades de TRX e adestramento de forza, pensadas para mellorar a forma física e o benestar xeral. O Concello de Viveiro anuncia que haberá sesións de proba gratuítas os días 27, 28, 29 e 30 de abril ás 08:15 horas e o inicio dos grupos será no mes de maio. E explica que son actividades dirixidas a traballar a forza, a estabilidade e a saúde.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas deben ir ás instalacións da piscina municipal.