curso de verán

16/06/2024

Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenas e nenos a partir dos 4 anos, practiquen ou non ximnasia rítmica. Será do 1 ao 26 de xullo de luns a venres de 10 a 14 horas, con servizo gratuíto de madrugadores de 9 a 10 horas.

A organización anuncia que haberá “baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos, manualidades e moita diversión”.

Desenvolverase no pavillón municipal, no parque Pernas Peón e na praia de Covas.

As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata o venres 21 de xuño a través do correo campuscxviveiro@gmail.com ou de 605.56.85.92.

 

23/05/2024

O curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela titulado “III Encontro Álvaro Cunqueiro: Cunqueiro aquí e acolá”, que se celebrará en Mondoñedo os día 6 e 7 de xullo, xa ten aberto o prazo de matrícula, que rematará o 21 de xuño. Neste evento colabora o Concello mindoniense e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro.

O Concello de Mondoñedo destaca que “a nova edición do curso, baixo a dirección de Armando Requeixo e que se celebrará en Mondoñedo o 6 e 7 de xullo do 2024, contará coa presenza de grandes estudosos do mundo de Cunqueiro que nos achegarán diversos aspectos da súa obra continuando a liña xa amosada nas dúas edicións previas. Neste momento está aberto o prazo de matrícula, que se pode realizar tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. O prazo estenderase ata o 21 de xuño”.

As persoas interesadas...

leer más