Dereitos
O próximo mércores, 10 de decembro, coincidindo co Día Internacional dos Dereitos Humanos, Ribadeo contará cun espazo especial dedicado á diversidade, á empatía e á inclusión. A Asociación Guillem Veiga Iglesias instalará na sala de exposicións do Campo o stand Un Mar de Diversidade II, unha proposta aberta para que a cidadanía poida reflexionar e experimentar sobre como se constrúe unha sociedade máis xusta e accesible para todas as persoas.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explica que “ao longo da mañá, quen se achegue poderá participar en experiencias interactivas que permiten comprender as barreiras que moitas persoas atopan no seu día a día e, ao mesmo tempo, descubrir a importancia de recoñecer e respectar as diferentes maneiras de ser, comunicarse e participar”.
Este stand forma parte do...
leer másA Praza do Concello acolle ata o 6 de setembro a exposición Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Burela. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.
A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego...
leer más




