Porco
O Concello de Foz, en colaboración coa ACIA-CCA, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas ao porco celta do 4 ao 6 de decembro. Foron presentadas hoxe, martes, polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo e Asuntos Económicos, Chema Linares; e o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo.
Na presentación anunciaron que “nesta xornadas, co lema Ponte… a gusto, durante a ponte da Constitución poderemos degustar diversos pratos e tapas baseadas no porco celta en diferentes establecementos hostaleiros de Foz. Animamos a todas e todos a acudir á vila e degustar un bo raxo, un churrasco e outras preparacións elaboradas con carne de porco celta”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes de Airiños A.C. Airiños do Xunco e a A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, presentaron a XII Festa de exaltación da carne do porco e a IV Foliada que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, o vindeiro 12 de maio.
A cita musical e gastronómica está organizada por estes dous colectivos, coa colaboración do Concello de Cervo
A Festa comezará ás 12:00 horas, cun obradoiro infantil de pandeireta e canto, ás 13:00 horas será a quenda da sesión vermú amenizada polas Pandereiteiras Sen Fronteiros; xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá un obradoiro de instrumentos de percusión con Xosé Lois Romeiro.
As actuacións musicais volverán coller o testigo ás 20:00 horas, coa actuación de diferentes...
leer másO Concello de Cervo, conxuntamente coa A.C. Airiños do Xunco, e a A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos organiza para o vindeiro sábado, 6 de maio, a XI Festa de Exaltación da Carne do Porco e a III Foliada que terá lugar ao longo de toda a xornada na Praza do Souto.
Un evento que tal e como a edil de Cultura, Dolores García Caramés “aúna dúas características intrínsecas á cultura galega que maridan á perfección, por unha banda a vertente gastronómica e por outra a música tradicional, que dará a nota de cor durante todo o día”.
A Festa comezará ás 12:00 horas, cunha master class infantil de pandeireta e canto, ás 13:30 horas, será a quenda da sesión vermouth amenizada polo grupo local Airiños do Xunco, xa pola tarde, ás 17:30 horas, haberá clases de iniciación a baile tradicional.
As actuacións musicais...
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, programa a actuación do famoso Grupo galego de pandereteiros Radio Cos para o vindeiro mes.
A cita será o 6 de maio, dentro da axenda da III Foliada de Cervo impulsada pola ACR Fervenza de Sargadelos conxuntamente coa asociación cultural Airiños do Xunco, que organiza tamén para ese día, en colaboración co Concello, a XI Festa de exaltación da carne de porco.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto aos representantes, neste caso da Asociación Fervenza, máis volcada na faceta cultural-musical do evento, Ramiro Chaves e Xosé Fernández.
Villares sinalou que “esta actuación que hoxe presentamos é o prato forte dun programa que se está rematando de perfilar para unha xornada que...
leer más