Cunqueiro

27/02/2023

A Xunta de Galicia impulsa a posta en marcha do festival Mil primaveras, unha proposta arredor do universo creativo e o escenario vital do escritor Álvaro Cunqueiro, que se celebrará o sábado 11 de marzo en Mondoñedo. Trátase, ademais, dunha das 14 iniciativas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través do programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas.

A presentación tivo lugar hoxe na Delegación Territorial de Lugo e contou coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel; o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García; e Irene Sineiro e Xosé Aldea en representación de Ouvirmos.

A...

leer más
20/02/2016
Mondoñedo lembrará a Álvaro Cunqueiro no aniversario do seu pasamento. Os actos terán lugar os días 26 e 27 de febreiro.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo recorda a Álvaro Cunqueiro a vindeira fin de semana, polo queprogramou unha serie de actividades coas que ademais conmemora o pasamento do escritor, cuxo aniversario mortuorio de celebra o día 28 de febreiro.
 
O primeiro dos actos terá lugar o venres, día 26,  ás 11:30 horas no Auditorio Pascual Veiga. Os alumnos e alumnas do IES San Rosendo e do CEIP Álvaro Cunqueiro farán unha representación baseada nas obras do escritor.
 
As actividades seguen o sábado, 27 de febreiro, cunha recepción oficial ás 11 da mañá no Concello de Mondoñedo na que participará a Corporación municipal, así como os seus homólogos de Ferrol, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o xornalista e escritor Ramón Loureiro, o vicepresidente da Deputación Antonio Veiga, o cronista oficial da cidade, Antonio...
leer más