A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra a súa comida de Nadal o sábado 20 de decembro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra a súa comida de Nadal o día 20 de decembro, sábado, na Casa da Penela, en Vilamor (Mondoñedo). Será ás 14:30 horas, despois da asemblea xeral ordinaria de socios, que está fixada para as 11:30 horas en primeira convocatoria e para media hora despois en segunda, no salón de actos do Concello de Lourenzá.

O prezo da comida é de 28 euros e para participar anota Lupe a través do teléfono 619.37.80.29 e o prazo para inscribirse está aberto ata o mércores 17 de decembro.