
Técnicos especialistas en medio ambiente formarán aos inscritos no programa de compostaxe domiciliaria municipal de Barreiros. O día 21 de outubro, martes, realizarase unha charla nas Escolas de San Cosme (ao lado do Concello) ás 19:00 horas. Nestas xuntanzas tamén se entregarán ás persoas participantes os kits de compostaxe compostos por un composteiro, cun caldeiro doméstico, un aireador, un termómetro, unha criba e unha guía de compostaxe.
O Concello de Barreiros explica que “esta iniciativa, que se desenvolve co obxectivo de promover a reciclaxe en orixe dos biorresiduos entre a veciñanza, conta co financiamento da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a través da Unión Europea NextGenerationEU e do propio Concello de Barreiros. Os veciños e veciñas que non se inscribiran e aínda estean interesados/as en participar poden facelo informándose previamente nas oficinas municipais”.