
A parroquia do Cadramón, no municipio do Valadouro, celebrará as festas na honra a San Xorxe e San Cosme esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.
As actividades comezarán o venres con churrascada e a continuación verbena con Tania Veiras.
O sábado ás 13:15 horas farase a bendición do gando e á continuación misa solemne, procesión e sesión vermú con Los Españoles, orquestra que tamén actuarán na verbena xunto a América SL.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co dúo Epo-k.