O Valadouro
O grupo Trípode Teatro estreará a obra titulada Desequilibrados, escrita por Pepe Peinó, o día 3 de xaneiro, sábado, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro.
“Os de Trípode levamos varios meses traballando intensamente na nosa nova obra, titulada Desequilibrados. Por fin, o vindeiro 3 de xaneiro de 2026, co novo ano xa andando, estrearémola en Ferreira do Valadouro, ás 20,00 horas. Antes de nada, debemos mostrar o noso sincero agradecemento ao concello do Valadouro e á súa área de Cultura por todas as axudas e facilidades que nos deron para levar adiante os ensaios e, finalmente, a estrea; a Juan Novás, técnico de cultura do Valadouro, polo seu xeneroso traballo, que nos beneficia a todos; a Suso Rubio, tamén técnico de cultura do Valadouro, por regalarnos a súa creatividade en forma deste cartel,...
leer másO Moto Clube Val do Ouro organiza unha Papanoelada Moteira para este mércores, día 24 de decembro, en Ferreira do Valadouro.
Ás 11:40 horas os participantes reuniranse na explanada do Matadoiro (praza Concepción Arenal), de onde sairán ás 12:00 horas. Ás 12:30 horas haberá unha recepción de Papá Noel na praza de Santa María e degustación de churros con chocolate.
O vindeiro venres, 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Valadouro, terá lugar a presentación de Catro escritores do Valadouro, o caderno número 17 do SEVA.
O colectivo cultural divulga un traballo sobre a traxectoria literaria dalgúns escritores representativos da comarca do Valadouro, así o caderno número 17 versa sobre semblanzas e obras de Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón e Lionel Rexes.
Lourenzo, Ferreira e Pisón, amais de contar con numerosa obra propia publicada, son coautores de Contos do Valadouro (colección de contos e lendas publicadas en tres edicións diferentes desde 1998 até a actualidade por editoras comerciais), Arqueoloxía do Valadouro (obra sobre o patrimonio arqueolóxico publicada pola Deputación en 2010) e Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico Artístico do...
leer másNa misa deste domingo, día 21 de decembro, ás 12:00 horas haberá un concerto na igrexa de Ferreira do Valadouro para poñer en valor o seu harmonio histórico.
Nesta actividade colabora a asociación cultural Ao compás do río Ouro, que anuncia: “un concerto de Advento para poñer en valor o harmonio histórico da igrexa de Ferreira de O Valadouro. Grazas a Pablo Peláez e Xavier de Acosta, este harmonio foi recuperado. Este domingo 21 poderedes disfrutar dun concerto diferente”.
Este domingo, día 14 de decembro, ás 19:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo en Ferreira do Valadouro o grupo de teatro Abrente presenta a súa obra A Herencia de Xoana.
O Concello do Valadouro explica que “esta obra esta inserida na edición do Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo - Área de Cultura. Abrente é unha asociación polifacética que desenvolve a súa actividade entre a música, o baile tradicional e o teatro. O grupo de teatro, formado por veciños e veciñas das Nogais e da súa contorna, leva xa moitos anos actuando, sacando sorrisos alá onde vai”.
A sinopse da obra é a seguinte: “ao parecer, Xoana rematou os seus días nunha residencia por non ter ninguén que a puidese coidar. Os seus achegados estiveron máis preocupados pola herdanza que pola...
leer másO grupo teatral Os pícaros de Lagoa representará a obra Estes vellos saben moito… ou non no Valadouro este sábado, día 6 de decembro. Será na Casa da Cultura ás 19:00 horas, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A sinopse é a seguinte: “Un asilo calquera, uns vellos con moito xenio. De súpeto a dona morre en estrañas circunstancias, ao parecer envelenada. Todos tiveron contacto cun café sospeitoso. Un sarxento da Garda Civil e o seu aprendiz (un pouco torpe) investigan o posible asasinato”.
O Valadouro celebrará o Samaín con actividades que se desenvolverán o xoves 30 e o venres 31 de outubro.
O Concello do Valadouro anuncia que o xoves ás 19:00 horas na Casa da Cultura haberá “maxia terrorífica con En Samaín toca...maxia, acto dentro do programa de dinamización das bibliotecas Ler Conta Moito. E o venres 31 de outubro de 16:30 a 20:30 no pavillón: decoración de cabazas (tráea da casa); maquillaxe terrorífico; espectáculo de maxia, baile e xogos. Lembra vir disfrazado! Día organizado pola ANPA do CEIP Santa María do Valadouro e o Concello do Valadouro”.
O programa da XXXVIII Feira do Mel do Valadouro inclúe actividades os días 10 e 11 de outubro, venres e sábado.
O venres ás 19:00 horas haberá o contacontos musical A abella sabelotodo, a cargo de 2Plicas na Casa da Cultura.
E o sábado ás 10:00 horas terá lugar a apertura da Feira do Mel na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira. Tamén se inaugurará unha exposición de colmeas cedidas pola Asociación Galega de Apicultura (Delegación de Mondoñedo) e decoradas polo alumnado dos CEIP Castro de Ouro e Santa María de Valadouro. Ás 11:00 haberá un obradoiro de velas e pulseiras a cargo de Devalo. Ás 12:00 horas a AC Amado Lar ofrecerá un pasacalles. Ás 13:00 terá lugar unha demostración e degustación de filloas con mel.
Ademais ao longo da mañá haberá degustación de café e de...
leer másO Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo de manualidades, que se desenvolverá na Sala Anexa da Casa da Cultura os mércores a partir das 16:30 horas. A duración desta actividade está prevista dende o día 08 outubro de 2025 ata o 17 de xuño de 2026.
O prazo de solicitude para participar está aberto ata o martes 30 de setembro. As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:30 horas) ou na Casa da Cultura do Concello de o Valadouro.
A parroquia do Cadramón, no municipio do Valadouro, celebrará as festas na honra a San Xorxe e San Cosme esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.
As actividades comezarán o venres con churrascada e a continuación verbena con Tania Veiras.
O sábado ás 13:15 horas farase a bendición do gando e á continuación misa solemne, procesión e sesión vermú con Los Españoles, orquestra que tamén actuarán na verbena xunto a América SL.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co dúo Epo-k.












