
O Concello do Valadouro organiza actividades de Entroido para os días 15 e 17 de febreiro, domingo e martes.
O domingo 15 terá lugar o desfile polas rúas desde as 17:30 horas. A saída será desde o Parque Concepción Arenal e percorrerá a Praza de Santa María, A Ponte e as rúas Xistral, José A. Ferreiro González e Leandro Buján para rematar no Pavillón Municipal. As inscricións poden facerse na sede electrónica ou en dependencias municipais (Cultura e Concello) ata o 13 de febreiro ás 14:00 horas.
E o martes 17 será o Entroido Infantil, desde as 16:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal, con inchables, pintacaras, e outras actividades.


