O Valadouro
En Ferreira do Valadouro haberá actividades de Entroido este domingo, día 2 de marzo, e o martes 4.
O domingo desde as 17:30 horas celebrarase o desfile con este percorrido: saída do Parque Concepción Arenal, Praza de Santa María, A Ponte, rúa Xistral, Avenida da Deputación, rúa Leandro Buján e chegada a Pavillón Municipal.
E o martes 4 terá lugar o Entroido infantil a partir das 16:30 horas na Praza de Santa María. Haberá inchables, pintacaras, toro mecánico, varredora, xogos e outras actividades.
O Concello do Valadouro ofrece actividades para adultos sobre novas tecnoloxías desde o día 4 de febreiro, martes. Serán na Sala de Informática da Casa da Cultura.
“Comezamos o 4 de febreiro de 2025 ás 11:00 horas na Casa da Cultura. O horario de 4 de febreiro a 15 de abril é os martes laborables de 11:00 a 12:30 horas; e desde o martes 22 de abril ó 27 de maio, de 10:30 a 12:30 horas. Podes consultar a listaxe de admitidos na sede electrónica do concello do Valadouro:...
leer másA Cabalgata dos Reis Magos no Valadouro celebrarase este domingo, día 5 de xaneiro, desde as 19:00 horas, cando será a recepción oficial na Casa do Concello. Despois empezará o percorrido, que pasará pola praza e a ponte ata o belén da Casa da Cultura. Alí actuarán os nenos e nenas da AC Amado Lar e a continuación todos os nen@s poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas no buzón real.
Ao rematar haberá degustación de chocolate con roscóns.
Este venres, día 3 de xaneiro, ás 17:30 horas o salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá un concerto de Nadal a cargo da Banda de Música Mestre López, do Valadouro. A entrada é de balde.
Está organizado polo Concello do Valadouro que anuncia: “iniciamos o novo ano 2025 da mellor maneira, cun concerto interpretado polos xoves músicos da Escola de Música Mestre López, do Valadouro”.
O Concello do Valadouro anuncia a representación do espectáculo titulado Monstrólogo, de Trécola Producións, que é unha “comedia teatral con monicreques e moita risa. Unha gran eminencia no campo da monstroloxía anda de xira por Galicia para darmos a coñecer tipos, habilidades e curiosidades dos monstros. Sentímolos debaixo da cama, no fondo do pasillo, na auga da piscina ou na casa vella, pero se nos achegamos a mirar... Zas! Desaparecen! Iso é porque cando imos cara ao medo, este escapa e vaise”. Será o luns 30 de decembro ás 17:30 horas na Casa da Cultura.
É unha representación para público infantil e familiar e despois da función haberá pintacaras para as persoas asistentes.
O Concello de Valadouro organiza a proxección da película "Teddy, la Magia de la Navidad" este venres, día 27 de decembro, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura. É unha actividade para público infantil e familiar.
O argumento da película é: “a paz do Nadal cae sobre o pequeno pobo, pero no mercado hai unha actividade frenética. Mariann descobre un oso de peluche no estante superior. Está vivo? Mariann debe conseguir o peluche como sexa...”.
O Concello do Valadouro anuncia que “o 24 de decembro todos os nenos/as teñen unha cita con Papá Noel en Ferreira do Valadouro! Ás 12:00 horas, saída da comitiva moteira diante do Antigo Matadoiro.
Ás 12:30 será a emocionante recepción con Papá Noel, na Praza de Santa María. Teremos música de panxoliñas interpretadas pola Asociación Cultural Amado Lar e degustación de churros con chocolate. E non esquezades o concurso da moto máis vistosa, con premios en vales en material moteiro; adorna a túa moto e inscríbete xa. A inscrición para participar pode realizarase o martes, día 24, desde as 11:15 ata as 12:00 horas na Praza de Santa María”.
Para organizar este evento o Concello do Valadouro conta coa colaboración do Moto Clube Valadouro e Asociación Cultural Amado Lar.
A Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá a obra “En busca de Papá Noel”, representación a cargo de Trémola Teatro, o luns 23 de decembro ás 17:30 horas. Está dirixida Público infantil e familiar.
“A Marta encántalle o Nadal, é a súa época favorita do ano e por iso ten clarísimo que quere ir ata Laponia e coñecer ao mismísimo Papá Noel. Polo camiño atópase con dous amigos cos que vivirá moitas aventuras. Pensades que ao final conseguirán chegar a coñecer a Papá Noel? Acompáñanos a descubrir esta divertida aventura”, anuncia o Concello do Valadouro.
Aproveitando o tempo de lecer do Nadal, a Concellería de Cultura presenta unha gran variedade de obradoiros e actividades para que os nenos/as e as familias poidan disfrutar destes días.
Os obradoiros destinados a nenos e nenas son todos en horarios de mañá e precisan inscrición previa que pode ser tanto na Casa da Cultura como nas oficinas xerais do Concello do 11 ao 18 de decembro. Lembrar que hai prazas limitadas.
O luns, 23 de decembro, haberá un obradoiro onde os máis pequenos poderán elaborar diferentes adornos de Nadal. (10:30-13:30 horas)
O xoves, 26 de decembro terá lugar un obradoiro de robótica creativa onde se amosarán distintos robots e os rapaces poderán xogar con eles, construirán un circuíto eléctrico, farán figuras de luz...(11:00 a 13:00 horas)
O venres día 27 de decembro está previsto o obradoiro "Fai o teu boneco...
A representación terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro, segundo informa a Delegación de Cultura.
Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e a figura central desta proposta escénica para a infancia, con texto de Paula Carballeira, coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena.
Sinopse
A obra presenta a un Castelao de 8 anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama. Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai.