
O Concello do Valadouro ofrece actividades para adultos desde o día 1 de outubro ata o 21 de xuño. As inscricións están abertas ata o 24 de setembro ás 14:00 horas.
As actividades ofertadas son as seguintes: ximnasia de mantemento, luns e mércores de 10:00 a 11:00 horas en Ferreira e venres de 18:30 a 19:30 no Cadramón; ioga, xoves de 20:45 a 21:45 horas; pilates, martes de 20:45 a 21:45; novas tecnoloxías, martes de 11:00 a 12:00 horas; taller de memoria, luns de 17:15 a 18:15 en Ferreira e venres de 17:30 a 18:30 horas no Cadramón; e envellecemento activo, os martes de 18:00 a 19:00 horas.