Día da Bici
O Día da Bici chega este sábado, día 2 de agosto, da man do Club de Atletismo Ría de Foz e a Run Foz Run, coa colaboración do Club Ciclista Foz e a coorganización do Concello de Foz.
A organización anuncia que o Día da Bici de Foz “é un paseo en bicicleta para persoas de todas as idades, con saída ás 19:00 horas desde o Paseo da Ribeira ata a praia de Peizás, onde se dará a volta para volver ao punto inicial. Ao finalizar haberá un pequeno avituallamiento e sorteo de agasallos entre as persoas participantes. A inscrición poderá realizarse o mesmo sábado desde 17:00 horas no punto de saída, diante do Cenima”.
Presentaron este evento Manuel Eiras Rodríguez, da Run Foz Run; Jesús Amor Prieto, xefe da Policía Local, e Ángel Fernández Neira, concelleiro de Xuventude e Deportes.
O Concello de Foz, a través da Concellería de Xuventude e Deportes, organiza o Día da Bici para este domingo, día 6 de outubro. A saída será ás 11:30 horas desde o parque infantil de tráfico. Haberá agasallos para todas as persoas participantes.
A inscrición está aberta ata o 4 de outubro e debe facerse a través do correo electrónico bici@concellodefoz.es.
As Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello organizan a vixésimo quinta edición do Día da Bici, que se celebrará estes venres, día 30 de agosto.
A saída do percorrido en bicicleta será desde a Praza do Conde Santo ás 17:00 horas, con destino á Cazolga, para facer un traxecto de 12 quilómetros, no que é obrigatorio usar casco. As inscricións para participar faranse na Praza do Conde Santo a partir das 16:00 horas.