
A Delegación de Deportes do Concello de Burela organiza o Día da Bicicleta para este domingo, día 31 de agosto, desde as 11:00 horas na Praza da Mariña.
“Chega o Día da Bici a Burela. Un plan perfecto para desfrutar do deporte, da vila e da familia sobre dúas rodas. Dúas rutas para gozar en familia: infantil, ruta curta máis circuíto na praza; e adultos, ruta longa. Inscricións na Casa da Xuventude (do 26 ao 29 de agosto) ou no correo electrónico actividadesdeportivas@burela.org. Tamén podes inscribirte directamente aquí: burela.org/es/dia-da-bicicleta-burela-2025”, anuncia o Concello de Burela.