Daniel Cortezón
Do 17 ao 19 de outubro terá lugar a XXII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. A cita terá lugar no Teatro ás 20 horas todos os días.
A edil ribadense explicou que “esta mostra, que leva o nome de Daniel Cortezón, continúa sendo unha homenaxe viva á súa memoria e ao seu legado cultural. É xa unha cita consolidada no calendario cultural de Ribadeo, un espazo no que o teatro afeccionado galego pode compartir o seu traballo e o seu entusiasmo co público. Durante tres días teremos a oportunidade de gozar de diferentes propostas escénicas que nos farán rir, pensar e, sobre todo, valorar o talento das compañías da nosa contorna”.
Begoña Sanjurjo relatou que “o programa deste ano inclúe as seguintes representacións: o venres, 17 de outubro, ...
leer más