Churrascada
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza este sábado 16 de agosto a súa tradicional Gran Churrascada, que terá lugar a partir das 20:00 horas na explanada do Pavillón de Deportes.
O menú inclúe churrasco, empanada, chourizo, pan, viño e refrescos por un prezo de 15 euros. A xornada estará amenizada por un dj colaborador e polo grupo musical Xanas, garantindo boa música e diversión para todos e todas.
A partir das 00:00 horas, celebrarase unha gran queimada co seu conxuro especial a cargo do carismático Druída do Cu do Castro, poñendo un toque de maxia á noite.
A churrascada conta coa colaboración do Concello de Foz, Gadis e distintas persoas e negocios da zona.
Para máis información e reservas, os asistentes poderán poñerse en contacto coa Asociación...
leer másO vindeiro domingo, 17 de agosto, a Praza da Mariña converterase nun punto de encontro para a gastronomía e a música coa celebración da Churrascanta, organizada pola Coral Polifónica de Burela.
A xornada comezará ás 11:00 horas con xogos tradicionais e música en directo a cargo de Arume Burela. Ás 14:00 horas serviranse as racións de churrasco con sardiñas, pan, sobremesa e bebida, que se poderán degustar na propia praza ou levar para comer onde cadaquén prefira.
O prezo da ración é de 15 euros e os tíckets poden mercarse o día da churrascada ou por adiantado en Foto Mariló, Terra Animal, O Bazar de Tere e Peluquería A Tu Estilo- Vanesa Míguez.
A Churrascanta conta coa colaboración do Concello de Burela, Arume, Os Asadores Burela e a Sociedade Cultural Recreativa Ledicia. Promete ser...
leer másComo peche da tempada 2024/25 o Club Deportivo Alfoz organiza unha churrascada popular este sábado, día 25 de maio.
Será no Campo Municipal de Alfoz a partir das 20:00 horas.
O prezo é de 10 euros para os socios do CD Alfoz e de 15 euros para as persoas que non pertencen ao club. E para participar hai que reservar previamente.
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza unha gran churrascada na explanada do Pavillón de Deportes Torques, de Marzán, o vindeiro 17 de agosto.
A cea comezará ás 20:00 horas. Nela, os asistentes poderán gozar de churrasco, chourizo, empanada, pan, viño e refrescos ademais de bailar con DJ Darío e D’Caché music. Todo isto por tan só por 15 euros. Por último, ás 00:00 horas, a gran queimada e o conxuro especial do Druída do Cu do Castro pecharán unha noite magnífica.
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán conta coa colaboración do Concello de Foz, Escairo café-bar e Gadis.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto churrascada este sábado, 17 de agosto, ás nove da noite, no auditorio ao aire libre de Cabanela, no paseo marítimo ribadense. O repertorio estará integramente dedicado á música de pasodobres como homenaxe ás antigas bandas que amenizaban as festas nos pobos. A Banda de Ribadeo ofrecerá ademais o seu concerto de San Roque este venres, 16 de agosto, arredor das 13:30 horas.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia: “seguimos cos concertos de verán da Banda e nestas datas, cando chega o 16 de agosto, temos o concerto de San Roque que sempre facemos fronte á capela de San Roque, arredor da unha e media da tarde. Queremos convidar á xente que estea por Ribadeo este venres”.
Ballester sinala que “o sábado 17...
leer másA asociación de veciños de Rúa Candelaria, en Cervo, organiza unha churrascada de San Xoán o sábado, 22 de xuño.
A festa dará comezo ás 20:00 horas no recinto da escola de Rúa e haberá churrasco, chourizos e torresmos. Tamén se celebrará unha verbena que estará amenizada polo grupo Vivarium.
A churrascada será de balde para os socios e o prezo para os non socios é de 6 euros. Os tíckets estarán á venta no recinto da festa a partir das 19:00 horas.
Colaboran na organización deste evento o Concello de Cervo e Panadería Pastelería Abad de Burela.