
O vindeiro domingo, 17 de agosto, a Praza da Mariña converterase nun punto de encontro para a gastronomía e a música coa celebración da Churrascanta, organizada pola Coral Polifónica de Burela.
A xornada comezará ás 11:00 horas con xogos tradicionais e música en directo a cargo de Arume Burela. Ás 14:00 horas serviranse as racións de churrasco con sardiñas, pan, sobremesa e bebida, que se poderán degustar na propia praza ou levar para comer onde cadaquén prefira.
O prezo da ración é de 15 euros e os tíckets poden mercarse o día da churrascada ou por adiantado en Foto Mariló, Terra Animal, O Bazar de Tere e Peluquería A Tu Estilo- Vanesa Míguez.
A Churrascanta conta coa colaboración do Concello de Burela, Arume, Os Asadores Burela e a Sociedade Cultural Recreativa Ledicia. Promete ser unha cita perfecta para compartir en familia ou con amigos.