Xubilados

Etiquetas:
31/03/2023

O Día do Xubilado de Burela celebrarase o vindeiro 23 de abril, segundo deu a coñecer nesta xornada a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López. 

A cita será no pavillón dos Institutos a partires das 14 horas. Alí desenvolverase a comida e o baile. Antes haberá unha recepción na Casa da Cultura a partir das 12:30 horas. Aquelas persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairán ás 13:30 horas. 

A edil de Servizos Sociais manifestou que “a celebración do Día do Xubilado é unha xornada que potencia as relacións entre as persoas maiores do noso concello, por iso a importancia desta celebración, que cumpre a XXII edición. Dende o goberno local agardamos que sexa un día especial no que compartan momentos de diversión e entretemento”.

Poderán participar no Día...

leer más
Etiquetas:
23/04/2019

O Concello de Burela organiza o seu tradicional xantar para os xubilados, que terá lugar o vindeiro 5 de maio no pavillón dos institutos. Os que queiran participar poden inscribirse no Concello desde mañá, 24 de abril, e ata o 3 de maio.

O alcalde burelés, Alfredo Llano, declarou que “como é tradicional xa, desde que chegamos nosoutros ao Concello de Burela a través deste grupo de goberno, volvemos recuperar o día de convivencia das nosas persoas maiores, facer unha homenaxe e un día para compartir, que é moi agradable, cun xantar para todos eles. Este ano imos facelo o 5 de maio”.

O rexedor salientou que “é para nosoutros unha honra poder xuntar á gran maioría de xente de Burela para participar neste xantar, ademais doutras actividades que vai haber antes no auditorio. Queremos compartir entre todos un día que...

leer más
Etiquetas:
12/04/2019
O Concello de Burela organiza unha viaxe para xubilados, á zona da conca mineira asturiana, que terá lugar o vindeiro 30 de abril.
 
O prazo de inscrición ábrese o luns da vindeira semana, día 15, e remata o martes 23, en horario de 10 a 14 horas. As anotacións faranse por orde de inscrición ata completar as prazas, que serán arredor de 52. Terán que facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela e terán preferencia os xubilados da localidade, maiores de 61 anos.
 
O custe será só a entrada ao Museo da Minería (voluntaria) cun prezo de 5 euros que se abonarán no Museo. A saída farase desde a Estación de Autobuses de Burela, ás 9:30 horas. A chegada a El Entrego, en Asturias, ao Museo da Minería e á Industria está prevista para...
leer más
13/09/2017

A Asociación de Xubilados Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza para o 26 de setembro, a Festa na Honra de San Ciprián.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada , o presidente do ente organizador, José Luis Sariego, e outros membros da directiva e da Asociación Terra-Mar; no local que teñen cedido na Casa do Mar, para desenvolver as súas actividades ao longo do ano.

ÁS 12:30 horas está programada unha misa solemne cantada pola coral Terra-Mar; ás 14:30 horas terá lugar a comida por un prezo de 15 euros para os socios da Asociación e de 25 euros para os non socios; e xa ás 17:00 horas dará comezo o baile na Casa do Mar.

O Concello de Cervo convida a todos, veciños e visitantes, a que participen da Festa o...

leer más
Etiquetas:
13/03/2017

O Concello de Cervo organiza un campionato de tute e parchís aberto a todos os xubilados do municipio, así o anunciou a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.

Os interesados poden anotarse na Casa do Mar de San Ciprián chamando ao teléfono 982.87.95.83. O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 16 de marzo.

O vindeiro luns comezaranse a xogar as partidas.

Os trofeos e premios aos gañadores entregaranse na Festa do Xubilado que será o 1 de maio, na Carpa instalada na Praza dos Campos.