Juepeo
O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha de novo os xoves de tapeo cunha nova edición do Juepeo, unha proposta gastronómica que “xa leva 11 anos en marcha e é unha iniciativa consolidada na vila”. Retoma este xoves, 8 de outubro, “unha das súas citas gastronómicas máis populares: o Juepeo, que regresa este mes de outubro para converter os xoves nunha oportunidade perfecta para saír, probar novas propostas e desfrutar da hostalería local”.
Cada xoves os 15 locais participantes ofrecerán unha tapa especialmente elaborada para a ocasión, “cunha ampla variedade de propostas gastronómicas: desde croquetas, hamburguesas e tortillas ata raxo, cachopo, polbo, vieiras, pratos internacionais e outras creacións pensadas para sorprender aos clientes. Os participantes son: Muro Restaurante, Vinoteca Los Leones, Cornelius Taberna, La...
leer más



