Festival Aturuxo
A festa presentación da décimo segunda edición do festival Aturuxo será este sábado, día 8 de xuño, desde as 19:00 horas, no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos (Cervo). O evento celebrarase os días 19 e 20 de xullo en Bravos (Ourol), con entrada e acampada de balde.
Os organizadores anuncian que “o vindeiro 8 de xuño terá lugar a festa presentación do Festival Aturuxo 2024 – XII Edición en A Sacabeira, Sargadelos. Cando algo é bo repítese e por iso é que non queriamos deixar pasar a oportunidade de facer, este ano tamén, a presentación oficial do noso festival coa marabillosa xente deste referente da cultura galega. Para tal ocasión non pode faltar música da boa e para iso contaremos coa actuación de Kedirán, que virán dende Compostela para facernos bailar e gozar a base de ben. Haberá racións de churrasco, opción vegana,...
leer másO festival de música galega Aturuxo, de Bravos (Ourol) celebrarase os días 19 e 20 de xullo, venres e sábado. A cita, con entrada de balde, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas para esta nova edición como Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom e Ugía Pedreira.
O XII Festival Aturuxo celébrase en dúas xornadas: 19 de xullo pola tarde-noite e 20 de xullo durante toda a xornada. O venres haberá a tradicional cea de irmandade e posterior concerto, para logo rematar cunha foliada popular. O sábado, a música soará dende o mediodía e pola tarde haberá xogos interxeracionais, obradoiros e actuacións cómicas ou teatrais, dirixidas a todos os públicos.
Haberá dispoñible servizo gratuíto de autobús para facilitar os desprazamentos.
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres un acordo de...
leer más